ENTREVISTA A JAVIER IGLESIAS, MIEMBRO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO

Entrevista realizada el 12 de agosto del 2015

 

DTT- Bos días, aproveitando a manifestación na que nos atopamos gustaríame preguntarlle, en primeiro lugar, cal é o conflicto do sector lácteo ante o que estamos e desde cando ven, desde qué tempo acá sucede.

J.I- A ver, hai varios elementos. Hai, efectivamente, un momento puntual donde coincideu nun ano unha gran producción no Cono Sur, Novazelanda e Australia, do leite ruso, e incluso un incremento da producción no ámbito europeo que fai efectivamente que o sector esté un pouco constreñido. Pero aquí dase unha situación diferente, moi diferenciada do que está pasando no resto das comunidades autónomas, por exemplo. É certo que estamos nunha situación de prezos baixos en todo o conxunto do sector, pero aquí especialmente. Non só de precios baixos, senon que incluso se pon en dúbida a necesidade da producción de leite cando todos os expertos europeos falan dunha demanda nos próximos anos dun dous por cento anual e una posibilidade de oferta e incremento de producción dun un por cento anual. Aquí estase dando a circunstancia de que queda, e quedou, moitisimo leite sen recoller nun momento e sobretodo esta mandando aproximadamente en torno a un quince por cento da producción a un prezo tirado, a dezaoito ou vinte céntimos. Esto non está pasando noutras Comunidades Autónomas, nos detrás disto cremos que hai una estratexia por parte da industria dunha certa deslocalización da producción, pero sobretodo, dunha aposta de por para abaixo o paquete lácteo, que regula as relacións entre producción e industria. Deuse unha situación especial que é que por primeira vez a FENIL pediu una audiencia, cousa que nunca pasara, e permanentemente manifestou a súa contrariedade co paquete lácteo e cremos que ademáis da situación complicada no seu conxunto hai unha estratexia por parte da FENIL e destas industrias para modificar este paquete lácteo. Xa o están propoñendo e cremos que isto forma parte desa estratexia.

DTT- Por tanto, un dos principais problemas non ven só por medidas do Goberno da nación senón do estranxeiro e as produccións das multinacionais.

J.I- Efectivamente. O problema digamos que é global, pero non coa virulencia que se da aquí, en Galicia. Desde o punto de vista económico non ten sentido que unha industria calquera compre leite en Andalucía, en Castela a Mancha ou en Castela e León a trinta e cinco ou trinta e seis céntimos e sen embargo renuncia a comprar leite en Galicia a trinta céntimos. Eso non ten unha explicación económica, ten que haber algo máis detrás diso.

DTT- Non obstante, Galiza é un dos maiores productores de leite de España.

J.I- Galicia é a novena rexión en producción de leite, detrás de Normandía, bueno, é a novena rexión de producción de leite de toda Europa. Somos unha potencia en producción de leite.

DTT- Entón, dende o sector leiteiro, segundo a súa opinión, cal sería o telón de fondo que hai detrás de todas estas presións económicas que atentan contra a producción láctea.

J.I- Nós cremos que ademáis de que pode haber unha coxuntura un pouco complicada, cremos que hai unha estratexia por parte da FENIL e as industrias lácteas para botar para abaixo o paquete lácteo e iso estase escenificando especialmente en Galicia, xa que é onde hai o gran volumen de producción.

DTT- Máis alá da manifestación e das concentracións destas semanas, ¿cales son as medidas que se estarían tomando dende as innstitucións para intentar frenar a situación?

J.I- O próximo dezaoito, luns, hai una reunión co secretario xeral do Ministerio donde vamos a ver qué ocurre. Nós estámoslles propoñendo varias medidas. A primeira é: si realmente é un problema de volume neste momento, que estamos convencidos de que non o é, hai medidas. Os países gastan unha cantidade importante de cartos a través do leite a nivel europeo, leite escolar, leite a terceiros países, é dicir, como axuda humanitaria, e incluso dentro do propio Estado poderíase usar en comedores sociais, bueno, que se pode orientar neste momento se é que de verdade hai unha coxuntura complicada. E logo xa hai outras medidas xa máis incluso a nivel europeo que é destinar diñeiro á intervención de leite en polvo, que pode ser sacada do mercado, gardada, e sacada noutro momento si agora estivesemos diante dun problema de volume. E logo si, cremos que tamén teñen que haber outro tipo de medidas xa máis a nivel comercial, porque en España e Portugal, na Península Ibérica se está utilizando leite por parte das grandes compañías distribuidoras dunha forma moi retorcida: banalización, venta a perdas, é dicir, vendela por debaixo do que se compra, cómprase a cegas gran concentración das grandes cadeas. Agora mesmo acaban Día e Eroski de aunciar que se van a xuntar para mercar unha serie de productos que dalguna maneira están apretando moito e distorsionando o prezo real das cousas.

DTT- Queríalle facer tamen outro tipo de pregunta, se cadra un pouco comprometedora, ou non, non o sei, polo que xa por adiantado me disculpo. Ó longo da manifestación teño visto pancartas que sinalan directamente a Leite Río como responsable da situación, ¿hai alguna outra empresa máis que se teña que sinalar como tal, ou digamos, exercer certo boicot como foi o caso da CocaCola en Madrid?

J.I- O sector en Galicia está dividido en dous grandes grupos. Por un lado as industrias transformadoras e por outro lado unha serie de primeiros compradores, que lles chamamos así, que o único que fan é comprar leite pola mañán e venderllo ás transformadoras pola tarde. Nós o que vemos é un problema en dous elementos. Por un lado, este afán que ten o señor Lence, propietario de Leite Río, de permanentemente estar nos medios de comunicación –foi un dos causantes do anuncio de deixar de recoller leite a un grupo importante de gandeiros, efectivamente. E por outro lado estos primeiros compradores que dalguna maneira son os que teñen os prezos máis baixos neste momento. Pero eu non o centraría exclusivamente niso, eu creo que é un problema máis global e é un problema máis de estratexia da propia industria no seu conxunto, máis alá de que o señor Lence de Leite Río é un provocador, foino sempre e seguiráo sendo a estas alturas, claro.
DTT- Vexo que non lle queda máis tempo. Moitisimas gracias polas súas palabras, co seu permiso esta entrevista con seguridade será transcrita para o noso medio.

J.I- Sen ningún problema, ó contrario, gracias a vós. Encantado de coñecerte.

Génesis Machado

  1. […] y como confirma Javier Iglesias, un portavoz de la Plataforma en Defensa do Sector Lácteo en una entrevista para eldesperttador.org “por primeira vez a FENIL pediu unha audiencia, cousa que nunca pasara, e […]

    Responder

Deja un comentario